Doces feitos
artesanalmente e con
moito agarimo

mamáTeresa

Mamá Teresa é un proxecto familiar que se cociña a lume lento. Teresa e Andrea, nai e filla, estamos implicadas e comprometidas cun xeito diferente de entender a elaboración de doces. Innovación gastronómica e tradición cimentan os valores deste proxecto.

Nacemos en 2014 coa finalidade de homenaxear e poñer en valor todas aquelas ensinanzas adquiridas arredor da cociña.

Traballamos día a día para ofrecer unha alternativa de calidade a todas as persoas que buscan un doce artesanal, único e distinguido. Exclusividade, proximidade e principios vencellados ao rural son fundamento para deixar pegada nos padais de quen se anime a degustar os nosos produtos.

Doces Mamá Teresa

Aínda non probaches os nosos doces?

descobre as nosas pastas e chocolates artesanais

materias primas naturais e de primeira calidade

Que facemos

Os produtos de “Mamá Teresa” están feitos a man e con materias primas naturais e de primeira calidade, elaborados sen colorantes nin aditivos.

Son os verdadeiros protagonistas deste proxecto

Salchichón de chocolate

(200 g)

Chocolate negro, galleta, nata, manteiga e azucre

Rochas de chocolate

(100 g – 200 g – 400 g)

Améndoa e chocolate

Pastas de améndoas

(200 g)

Fariña de trigo, améndoa, azucre, manteiga de vaca e ovos

Pastas de fariña
millo e laranxa

(200 g)

Fariña de millo, manteiga de vaca, azucre, laranxa confeitada

Turrón rústico

(200 g)

Améndoa, chocolate, froitos secos e praliné

Turrón de
chocolate e améndoa

(200 g)

Chocolate con leite, crema de cacao e améndoas

Turrón crocante

(220 g)

Chocolate e arroz inflado

Cestas de nadal

Fai as túa cestas personalizadas cos teus produtos preferidos

Tarta de Arzúa
con queixo

Améndoa, ovo, azucre e queixo

Que se fala sobre nós?
Non te perdas ningunha información